Feeds:
Entradas
Comentarios

Servicios mínimos en SS

A Escola abrirá con servícios mínimos os días 6, 7 e 8 e permanecerá pechada os días 9 e 1o.

Xornada de portas abertas no veciño CEIP Víctor López Seoane o vindeiro mércores día 4 ás 16:00 horas.

Por favor, sede tan amables aqueles de vos que poidades acudir á visita de poñer un comentario sobre ela neste blog. Moitas gracias.

Hoxe comezan as visitas que nos axuden a elexir o colexio ó que enviar aos nosos peques na que é a seguinte etapa escolar, 2º ciclo de ed. infantil.

A primeira visita será hoxe ó CEIP Curros Enríquez:  luns 16 de febreiro ás 7 horas.

Seria de moita axuda ás familias que non puideron acudir, e máis adiante servirá para lembrar e contrastar, que despois da visita COMENTEDES neste blog (lembrade que é de acceso público) os vosos pareceres e impresións sobre a visita.

Figuriñas do Obradoiro

Tedes neste enlace o que fixemos o primeiro día

O martes 17 de febreiro terá lugar a segunda sesión do obradoiro de Globoflexia, de 16 a 17:30 horas. Por favor, aqueles de vos que levastes un inflador para practicar na casa, traédeo para a segunda sesión. Gracias.
Tamén en breve poremos un enlace ás  figuriñas que se fixeron en cada sesión, para non esquecelas e poder facelas canda queirades.

ATENCIÓN OBRADOIRO LUNS 9

Por razóns alleas á organización, o anuncio da Xunta de peche por alerta de temporal de vento, o luns non haberá obradoiro.
O mércores 11 segue en pé a cita, e nese día acordaremos qué nova data eleximos para recuperar a sesión perdida.

  • As datas para a súa celebración son o luns 9 e o mércores 11 de febreiro, en horario de 16 a 17:30 h,  na escola.
  • É necesario inscripción previa, que poderá se facer a partires do luns 19 de xaneiro nunha folla posta no taboleiro da entrada do patio ou via email  ó enderezo do APA apaeimls@gmail.com , e até o día 30. E se é posible, indicar si se pode acudir os dous días ou soamente un deles, e cal.
  • O obradoiro será gratuito para os socios do APA e terá un custe de 5€ para os non socios.
  • O obradoiro é únicamente para pais e nais da escola.

A comezos do vindeiro mes de febreiro terá lugar a celebración do I Obradoiro de iniciación á Globoflexia. O obradoiro está dirixido a pais, nais e persoal da escola  (os nenos poderán disfrutar das vosas creacións na casa) e se celebrará nas instalacións da escola en dous días alternos – ainda por determinar-  en horario de 16 a 17:30 horas. O leva a cabo unha das nosas nais emprendedoras.

O obxectivo deste obradoiro é poñer en coñecimento de pais e nais os rudimentos da arte de facer figuriñas con globos, exercitar a capacidade creativa de cada un, xogar con mans, ferramentas e  materiais, e ir para casa contento pensando canto vai gostar da nosa nova habilidade @  nos@ cativ@.

Axiña teredes máis información. Seguide atentos.

 glo

Convócase á directiva do APA á Xuntanza Ordinaria de Xaneiro o vindeiro LUNS día 12, ás 16:15 horas.

… para o Novo Ano 2009

 ¡Moitas Felicidades!

Entradas antiguas »